Back to Search
Start Over
Nocello, noelo, tornecelo... Variación léxica e mudanza no galego contemporáneo
- Publication Year :
- 2018
-
Abstract
- Os atlas lingüísticos constitúen unha excelente fonte para a realización de estudos que permitan coñecer a variación lingüística nos distintos niveis de análise, unha vez que rexistran nas súas cartas as variantes recorrentes en determinada área asociadas a unha mesma variable. Para o territorio galego contamos cos datos do Atlas Lingüístico de la Península Ibérica (ALPI) (1934) e do Atlas Lingüístico Galego (ALGa) (1974). Estes dous atlas ofrecen numerosa información organizada onomasioloxicamente, entre a que distan corenta anos, o que posibilita a realización de estudos sobre variación e cambio lingüístico. O noso obxectivo é analizar as denominacións existentes para nocello ‘parte saínte dos ósos que forma a articulación da perna co pé’ no territorio galego a partir dos datos do ALPI e do ALGa, que complementamos con datos extraídos doutros atlas rexionais, así como de corpus lexicográficos. A análise das distintas variantes realizarase tendo en conta, por un lado, a distribución xeográfica en ambos os atlas, o que nos permitirá observar a existencia de procesos de cambio lingüístico e, polo outro, as motivacións semánticas, principalmente metafóricas, que dan lugar á variedade de formas.
Details
- Database :
- OAIster
- Notes :
- Galician
- Publication Type :
- Electronic Resource
- Accession number :
- edsoai.on1401003104
- Document Type :
- Electronic Resource