Back to Search
Start Over
Técnicas cromatográficas utilizadas en monitorización ambiental
- Publication Year :
- 2013
-
Abstract
- O Máster de Enxeñería Ambiental impártese na Escola Técnica Superior de Enxeñería (ETSE) da Universidade de Santiago de Compostela, cuns 30 estudantes anuais de nova matrícula. Consta de 90 créditos ECTS e realízase nun período de 18 meses. No primeiro ano (60 ECTS) impártense cinco módulos, que se distribúen dende setembro a xullo. No segundo ano (30 ECTS), nos dous primeiros meses impártense as clases teóricas do módulo seis e o resto dos meses dedícanse ao Proxecto Fin de Máster. Os módulos impartidos nos dous anos de Máster son os que se indican a continuación: Primeiro ano: Módulo I: Fundamentos. Módulo II: Tratamento de Augas Módulo III: Monitorización e Redución da Contaminación Atmosférica Instrumentación e Monitorización Ambiental(IMA) Medio Ambiente e Redución de Emisións Técnicas de Análise Territorial Laboratorio de Modelización Módulo IV: Recuperación de Solos e Xestión de Residuos Módulo V: Prácticas externas Segundo ano: Módulo VI: Xestión Ambiental. Módulo VII: Proxecto Fin de Máster. A materia de Instrumentación e Monitorización Ambiental (IMA) é unha materia obrigatoria de 3 créditos ECTS do Módulo III (Monitorización e redución da contaminación atmosférica). Os contidos impartidos en IMA introducen o alumno nas diferentes técnicas instrumentais empregadas na monitorización ambiental, dende a etapa de mostraxe ata a análise das mostras no laboratorio. O número de horas presenciais é 28, das cales 9 se empregan para o estudo da cromatografía. No primeiro tema da materia estúdase a colección e tratamento da mostra previamente á análise. No segundo tema trátanse os métodos espectroscópicos, fundamentais para realizar un número moi elevado de análises. E por fin, no tema 3 trátanse os métodos cromatográficos, xa que unha vez que temos preparada a mostra e antes de realizar unha cuantificación dun composto, por exemplo utilizando métodos espectroscópicos, frecuentemente é necesario levar a cabo unha separación cromatográfica de dito composto para evitar
Details
- Database :
- OAIster
- Notes :
- Galician
- Publication Type :
- Electronic Resource
- Accession number :
- edsoai.on1400997396
- Document Type :
- Electronic Resource