Back to Search Start Over

Os arquivos do tempo: reconstrución paleoambiental aplicada a contextos arqueolóxicos

Authors :
Martínez Cortizas, Antonio
Costa Casais, Manuela
Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS)
Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Medio Ambiente e Recursos Naturais
Tallón Armada, Rebeca
Martínez Cortizas, Antonio
Costa Casais, Manuela
Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS)
Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Medio Ambiente e Recursos Naturais
Tallón Armada, Rebeca
Publication Year :
2022

Abstract

Esta tese aborda a aplicación metodolóxica das Ciencias da Terra á Arqueoloxía, dende o marco teórico da Edafoarqueoloxía e Reconstrución Paleoambiental aplicada a contextos arqueolóxicos. Preséntase a modo de compendio de artigos e desenvolve a análise de sinais de cambio ambiental en arquivos edafo-sedimentarios (xeoindicadores) de dous contextos arqueolóxicos (sector continental mediterráneo de época Neolítica vs sector litoral atlántico de época romana). Combina a información físicoquímica, composicional e mineralóxica destes arquivos coa obtida doutros proxies ambientais e do estudo cronolóxico (14C), interpretando a partir de modelos de evolución actual, os cambios ambientais no pasado e a súa relación coa actividade humana. Esta liña de investigación xorde como resposta á Arqueoloxía de urxencia e á necesidade de estandarizar os estudos de reconstrución paleoambiental aplicados a contextos arqueolóxicos. Os resultados obtidos amosan dous sectores amplamente contrastados. Por unha banda o sector mediterráneo, asociado ao xacemento de Les Alcusses (Valencia), de alta relevancia por ser unha área pioneira en asentamentos dos primeiros gandeiros/ agricultores. Estúdase coa perspectiva de atopar indicios de cultivo para época Neolítica. Para este sector obtívose unha secuencia edáfica formado por VI ciclos, desenvolta sobre materiais carbonatados e que abrangue un rango cronolóxico dende o 8.7/8.5 ata o1.6 /1.4 ka cal BP. Os datos físico-químicos, de composición da MO, estudo antracolóxico e polínico amosan para momento Neolítico un nivel de solo altamente edafizado e desecarbonatado, desenvolto nun medio con baixa incidencia de lumes e clima predominantemente cálido e húmido. Condicións que favorecen o asentamento humano e desenvolvemento do cultivo. Os datos polínicos e de composición da MO tamén inciden no cambio da vexetación no medio, de abundancia arbórea a prados. En xeral identifícase o aumento da presión antrópica no medio dende época Neolítica en diante

Details

Database :
OAIster
Notes :
Galician
Publication Type :
Electronic Resource
Accession number :
edsoai.on1400996805
Document Type :
Electronic Resource