Back to Search
Start Over
Estudio del sistema del interferón en células aviares infectadas con el reovirus aviar S1133
- Publication Year :
- 2015
-
Abstract
- Os reovirus aviarios son virus sen envoltura lipídica e xenoma de ARN bicatenario que infectan a aves, causando enfermidades coma a artrite infecciosa ou a síndrome de malabsorción. Neste traballo estudouse a resposta inmune innata que este virus desencadea en dous tipos celulares do seu hospedador natural, o polo, e comparouse coa xerada por outros virus coma o virus vaccinia e o virus da estomatite vesicular. O reovirus aviario é o único dos virus estudados capaz de inducir a produción de interferón (IFN) e aumentar os niveis da proteína quinasa R (PKR) en cultivos primarios de fibroblastos embrionarios de polo (CEF), mentres que é incapaz de facelo na liña celular DF1 derivada destes, o que podería depender de diferenzas nos niveis dos receptores de recoñecemento de patrón (PRRs) ou a unha menor eficiencia de infección destas células. A indución de IFN en CEF infectadas co reovirus aviario depende da decapsidación do virus pero non da expresión dos seus xenes. O reovirus aviario é resistente ao IFN e é capaz de impedir a activación de PKR e a fosforilación de eIF2, ao contrario que os outros dous virus estudados. Esta capacidade para impedir a activación de PKR depende da capacidade da proteína A para unir ARN bicatenario. Por outra banda, observouse que o pretratamento con IFN de células DF1 aumenta a cantidade de células infectadas co reovirus aviario mediante un mecanismo independente da activación das caspasas. Finalmente, estudáronse algúns posibles mecanismos da inhibición da síntese das proteínas celulares durante a infección con reovirus aviario.
Details
- Database :
- OAIster
- Notes :
- Spanish
- Publication Type :
- Electronic Resource
- Accession number :
- edsoai.on1400991966
- Document Type :
- Electronic Resource