Back to Search Start Over

Risco sanitario por consumo de marisco furtivo en Galicia

Authors :
REGAL, PATRICIA
Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Veterinaria
Riveiro Millán, Andrea
REGAL, PATRICIA
Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Veterinaria
Riveiro Millán, Andrea
Publication Year :
2022

Abstract

Neste traballo de divulgación reúnese información sobre os principais riscos sanitarios que comporta o consumo de marisco furtivo en Galicia. O furtivismo é unha práctica moi estendida nesta comunidade autónoma e trae consigo repercusións económicas, sociais e sanitarias, particularmente nunha zona xeográfica onde o sector pesqueiro é un dos grandes motores da economía. Preséntase una breve introdución ó fenómeno do furtivismo, e explícase cales son as principais condicións que permiten que esta sexa unha práctica tan común en Galicia. Para entender os perigos que implica o consumo de marisco furtivo, discútese a importancia do proceso de depuración dos moluscos bivalvos nos centros de depuración para reducir a carga bacteriana, e detállanse os requisitos sanitarios das lonxas e industrias de procesado e comercialización de marisco. Así mesmo, resúmense as principais intoxicacións alimentarias provocadas por axentes bacterianos, víricos, biotoxinas mariñas, metais pesados e compostos químicos orgánicos, que son de especial importancia sanitaria neste marisco que evade o control oficial. As especies de marisco que adoitan implicar un maior risco sanitario son os moluscos bivalvos, e a maior parte das intoxicacións alimentarias acostuman a estar provocadas por bacterias, virus e biotoxinas mariñas.

Details

Database :
OAIster
Notes :
Galician
Publication Type :
Electronic Resource
Accession number :
edsoai.on1400988155
Document Type :
Electronic Resource