Back to Search
Start Over
A UNIVERSIDADE DE ONTE A HOXE: DA ANTIGÜIDADE Á CALIDADE. SITUACIÓN DO SISTEMA UNIVERSITARIO DE GALICIA.
- Source :
- Revista Galega de Economía, Vol 27, Iss 3 (2018)
- Publication Year :
- 2018
- Publisher :
- Universidade de Santiago de Compostela, 2018.
-
Abstract
- Érase que se era unha Universidade que se cría que canto máis antiga era, máis valía e así teimaba en abesourar documentos antigos á procura da máis remota orixe posible. Nese ambicioso desexo chegou a imaxinar que nacera en 1088, ata que alguén lle advirtiu que o documento en que se apoiaba era unha clara falsificación medieval e houbo de se conformar con 1188, no mellor dos casos. Pero outras non lle foron detrás e trataron de se igualaren en antigüidade con ela, e a estas alturas nin elas o saben nin nós temos claro cal é a súa antigüidade nin cal delas é a máis antiga. Nin sequera a nosa querida universidade compostelá líbrase de tal sospeita, pois non son poucos os que non comparten que o seu nacemento ou creación se remonte a 1495, como habitualmente se nos fai crer. En todo caso, a Universidade como institución cunha organización formal data da Europa medieval, malia que ten antecedentes nas culturas grega, romana e arábiga. Nas súas orixes xorden como unha evolución das escolas medievais coñecidas como studium generale, que tiñan como misión educar aos empregados e monxes en niveis superiores aos que se ensinaba nas escolas monásticas e catedralicias. Nelas aprendíanse as artes liberais: gramática, lóxica, retórica, xeometría, aritmética, astronomía e música. A continuación, os alumnos tiñan a posibilidade de continuar os seus estudos nunha das facultades superiores: leis, teoloxía e medicina. Este esquema replícase por toda Europa Occidental de forma case homoxénea ata o século XVI no que a contidos se refire, pero con distintas variantes no relativo á administración e xestión da institución, auspiciadas e fundadas por papas, emperadores e reis, que lles permitían gobernarse de forma autónoma, co requisito de non difundir nin o ateísmo nin a herexía. O prezo da autonomía, porén, era que as universidades se debían financiar elas mesmas. Desta forma os profesores cobraban honorarios e, para garantir a súa mantenza, tiñan que compracer aos seus estudantes. Estas primeiras universidades non tiñan edificios permanentes e posuían escasas propiedades, estando suxeitas á perda de estudantes e mestros descontentos que se podían desprazar a outra cidade e estabelecer o seu lugar de estudo aló. Esta foi a causa fundacional dalgunhas das máis prestixiosas universidades europeas.
- Subjects :
- Economic growth, development, planning
HD72-88
Economic theory. Demography
HB1-3840
Subjects
Details
- Language :
- English, Spanish; Castilian, Galician, Portuguese
- ISSN :
- 11322799 and 22555951
- Volume :
- 27
- Issue :
- 3
- Database :
- Directory of Open Access Journals
- Journal :
- Revista Galega de Economía
- Publication Type :
- Academic Journal
- Accession number :
- edsdoj.53df4a8793f542b49b7a22895b5a9b95
- Document Type :
- article
- Full Text :
- https://doi.org/10.15304/rge.27.3.5438