Back to Search Start Over

Determinación de elementos críticos tecnolóxicos en mostras de pescados e moluscos mediante ICP-MS

Authors :
Fernández del Río, Alba
Peña-Vázquez, Elena
Barciela-Alonso, Maria Carmen
Universidade de Santiago de Compostela. Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Publication Year :
2019

Abstract

Traballo Fin de Máster en Enxeñaría Ambiental. Curso 2018-2019 Na actualidade incrementouse o uso dos denominados elementos críticos tecnolóxicos por mor dos avances nas tecnoloxías, o que implica a súa potencial liberación no medioambiente. Debido a isto, é de interese estudar a súa presenza en diferentes matrices medioambientais. No presente traballo desenvólvese un método de determinación simultánea do contido total de elementos críticos tecnolóxicos (Ga, Ge, Y, Nb, Ru, Rh, In, Te, La, Ce, Pr, Nd, Eu, Sm, Gd, Tb, Dy, Ho, Er, Tm, Yb, Lu, Ta, Pt, Tl e U) en mostras de pescados e moluscos comercializadas en Galicia (España), mediante espectrometría de masas con plasma acoplado indutivamente. Dixeríronse cinco especies diferentes de pescados e catro de moluscos bivalvos mediante unha dixestión ácida asistida por microondas, empregando HNO3 e H2O2. Mediante a avaliación dun material de referencia certificado de tecido de mexillón (BCR®-668), seleccionáronse os isótopos e o modo de medida (colisión con helio). Os LODs obtidos variaron entre 0,03 ng/g (Tm e Lu) e 2,21 ng/g (Te), e as medicións instrumentais foron precisas, con coeficientes de variación entre 1% (Ta) e 8% (Ga). Comprobouse tamén que o método é exacto, con recuperacións analíticas do 91% (Nb) ao 104% (Pt), e concentracións experimentais comparables ás certificadas no material de referencia. Nas aplicacións a mostras, as concentracións foron moito maiores nos moluscos, mentres que nos pescados algúns dos elementos non puideron ser cuantificados. No estudo dos patróns de distribución das terras raras en moluscos, puido observarse que non existe contaminación antropoxénica. Por outra parte, comprobouse tamén que os mexillóns concentran os elementos críticos tecnolóxicos no hepatopáncreas.

Details

Language :
Galician
Database :
OpenAIRE
Accession number :
edsair.od......1601..588571ecec7475103e2c7920e88f13b6