Back to Search Start Over

Procesamento analítico en liña de datos medioambientais en arquitecturas Big Data

Authors :
Ferrón Lea, Diego
Ríos Viqueira, José Ramón
Fernández Pena, Anselmo Tomás
Universidade de Santiago de Compostela. Escola Técnica Superior de Enxeñaría
Publication Year :
2016

Abstract

Traballo Fin de Grao en Enxeñaría Informática. Curso 2015-2016 A evolución das solucións Big Data nos últimos anos vén de ser exponencial, motivando un novo enfoque respecto do tratamento de grandes cantidades de información que non poden ser procesadas ou analizadas con ferramentas tradicionais. Ditas solucións constitúen o fundamento dos modernos sistemas de apoio á toma de decisións (DSS) en diversos dominios de aplicación, como por exemplo a análise do mercado levada a cabo por unha aeroliña ou a monitorización e xestión do sistema de saúde dun territorio. Entre eses dominios podemos destacar a análise de datos medioambientais, xerados principalmente por sensores ou por software de modelado de datos, como poden ser as medicións físicas realizadas por estacións meteorolóxicas ou as características medioambientais dun determinado espazo xeográfico. Neste eido podemos identificar dous grandes tipos de datos: dunha banda existen mostraxes de propiedades específicas sobre espazos multidimensionais, e doutra banda existen entidades que representan propiedades específicas de obxectos que poden evolucionar ó longo do tempo. As tecnoloxías dispoñibles na actualidade para a análise destes dous grandes tipos de datos son os xestores de bases de datos relacionais (RDBMS) e un subgrupo de solucións Big Data (por exemplo, bases de datos NoSQL e ecosistemas tipo Hadoop) para o caso das entidades, e solucións ad-hoc sobre arquivos de arrays xunto con scientific array data managers (por exemplo, SciDB ou Rasdaman) para o caso das mostraxes. Sen embargo, non existe no mercado ningunha tecnoloxía que posibilite a xestión integrada e uniforme de ambos tipos de datos. No eido destas preocupacións xorde esta proposta de traballo de fin de grao para a cal nos propoñemos como obxectivo principal a elaboración unha solución baseada en tecnoloxías Big Data para a análise integrada de datos de entidades e mostraxes no ámbito da avaliación do risco de incendio forestal.

Details

Language :
Galician
Database :
OpenAIRE
Accession number :
edsair.od......1601..508d7457a93f9a8164e576674af20b11