Back to Search
Start Over
Integración dunha plataforma de xestión de laboratorios co equipamento dos laboratorios de Televés Ladetel
- Publication Year :
- 2019
-
Abstract
- Traballo Fin de Grao en Enxeñaría Informática. Curso 2018-2019 Ladetel é un laboratorio pertencente á Corporación Televés, cuxa actividade consiste fundamentalmente na realización de ensaios para o marcado CE de aparatos electrónicos, tanto de clientes internos como externos. Como parte do "Programa Industrias do Futuro 4.0" da Xunta de Galicia, Televés está a desenvolver o seu proxecto Corp4Future, contexto no que o seu laboratorio de ensaios Ladetel enmarca unha actividade de implantación dun sistema de calidade conforme á norma ISO 17025. A norma ISO 17025 contén os requisitos que teñen que cumprir os laboratorios de ensaio e calibración, no caso de que desexen demostrar que posúen un sistema de xestión, son técnicamente competentes e son capaces de xerar resultados tecnicamente válidos. O recoñecemento formal que recibe un laboratorio cun sistema de xestión acorde á norma ISO 17025 é a acreditación. En Europa a acreditación está regulada polo Regulamento (CE) nº 765/2009, no que se fixa un modelo de acreditación baseado na existencia dun único Organismo Nacional de Acreditación en cada Estado membro, formalmente designado e con potestade pública para levar a cabo a súa función. Deste xeito, un laboratorio acreditado garante que a calidade dos seus ensaios e servizos é avaliada por un organismo competente e cualificado. En España, este organismo é a Entidade Nacional de Acreditación (ENAC). A norma ISO 17025 establece unha serie de requisitos de xestión similares a outras normas de calidade tipo ISO 9001, pero a maiores esixe outra serie de requisitos técnicos, totalmente específicos e orientados aos laboratorios de ensaio e calibración. Ademais disto, a ENAC establece os seus propios requisitos.
Details
- Language :
- Galician
- Database :
- OpenAIRE
- Accession number :
- edsair.od......1601..03a2470c74527257726ff87dd4769a48