Back to Search
Start Over
Aplicación móbil de control e xestión agroforestal
- Source :
- RUC. Repositorio da Universidade da Coruña, instname, RUC: Repositorio da Universidade da Coruña, Universidade da Coruña (UDC)
- Publication Year :
- 2020
-
Abstract
- [Resumo] Os sectores forestal e da agricultura teñen un gran peso na economía a nivel nacional e, especialmente, en Galicia. Unha mostra diso é o feito de que arredor do 65% do terreo parcelario de Galicia é masa forestal. Os labores de agricultura e forestais conlevan unha gran carga de traballo e organización, dende o control dos traballos realizados sobre cada parcela ata a xestión económica dos gastos e beneficios derivados das mesmas. Existen moitos traballos que necesitan dun exhaustivo control, por exemplo, a localización de certas parcelas pola dificultade que presenta a xeografía da nosa contorna ou o control de produtos fitosanitarios que deben ser aplicados sobre cada cultivo, xa que son produtos que poden ser daniños para o traballador ou para o usuario final do cultivo se a aplicación e control dos mesmos non se fai con total detalle. Neste caso, a aplicación dos produtos fitosanitarios dependen do tamaño da parcela, o cultivo ou da praga a tratar. Obter esta información e asegurar unha correcta aplicación destes produtos é moi relevante para garantir a seguridade. Debido a estes problemas que se poden apreciar no contexto agroforestal, nace a necesidade de elaborar unha solución para facilitar a organización e o control das cargas de traballo asociadas aos diferentes tipos de cultivos ou parcelas, para axudar a garantir que os tratamentos requiridos son aplicados de forma adecuada seguindo as recomendacións sanitarias e, finalmente para xestionar os gastos e beneficios derivados do traballo. Para iso, neste proxecto abordarase o deseño e implementación dunha ferramenta na que o usuario co seu móbil poida xeolocalizar unha parcela mediante a posición GPS, obtendo deste modo información (tamaño, tipo de parcela, …) útil para diversos traballos. Ademais, a aplicación permitirá ter un rexistro e control dos traballos realizados nesas parcelas así como a xestión económica das mesmas. [Abstract] The forestry and agricultural sectors have a great weight in the economy at a national level and, especially, in Galicia. One example is the fact that around 65% of the land in Galicia is forest. The agricultural and forestry work is very labor intensive and requires a high degree of organization, since the control of the work done on each plot is linked to the economic management of expenses and benefits derived from them. There are many jobs that need an exhaustive control, for example, the location of certain plots because of the difficulty presented by the terrain of our region or the control of phytosanitary products that must be applied to each crop, since these are products that can be harmful to the worker or to the final user of the crop if the application and control of these products is not carried out in detail. For example, the application of phytosanitary products depends on the size of the plot, the crop or the pest to be treated. Obtaining this information is very important to guarantee safety. Due to these problems that can be appreciated in the agroforestry context, it is needed to elaborate a solution to facilitate the organization and the control of the work loads associated to the different types of crops or plots, to help guarantee that the required treatments are applied in an adequate way following the sanitary recommendations and, finally, to manage the costs and benefits derived from the work. For this purpose, this project addresses the design and implementation of a software tool in which the user with his mobile can locate a plot through GPS position, thus obtaining information (size, type of plot, …) useful for various jobs. This tool will also allow to have control over the work done on these plots as well as the economic management of them. Traballo fin de grao (UDC.FIC). Enxeñaría informática. Curso 2019/2020
Details
- Language :
- Galician
- Database :
- OpenAIRE
- Journal :
- RUC. Repositorio da Universidade da Coruña, instname, RUC: Repositorio da Universidade da Coruña, Universidade da Coruña (UDC)
- Accession number :
- edsair.dedup.wf.001..e069f2526cf00d58618ba89759ce4ee0