Back to Search Start Over

Bio Apps: II encontro galaico-portugués de biometría con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente : Santiago de Compostela, 30 de xuño - 2 de xullo de 2016: programa e resumos

Authors :
Ginzo Villamayor, María José
Pértega Díaz, Sonia
Santiago Pérez, María Isolina
Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Estatística, Análise Matemática e Optimización
Source :
Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela, instname
Publication Year :
2016
Publisher :
Sociedade Galega para a Promoción da Estatística e da Investigación de Operacións (SGAPEIO), 2016.

Abstract

A Sociedade Galega de Estatística e Investigación de Operacións (SGAPEIO), e a Sociedade Portuguesa de Estatística (SPE) comprácense en presentar o II Encontro Galaico-Portugués de Biometría, con aplicación ás Ciencias da Saúde, á Ecoloxía e ás Ciencias do Medio Ambiente, o BIOAPP2016. Trátase dunha nova iniciativa conxunta das dúas Sociedades, tralos Encontros celebrados en Braga (2013) e Vila Real (2014), todos eles co obxectivo común de difundir os últimos avances no desenvolvemento e aplicación de métodos estatísticos e matemáticos na Bioloxía, Medicina, Ecoloxía, Psicoloxía, Farmacoloxía, Agricultura, Medio Ambiente e outras ciencias da Vida. Nesta ocasión, será Santiago de Compostela a cidade anfitrioa, invitando aos socios e socias da SGAPEIO e da SPE, e a toda a comunidade científica en xeral, a facer unha peregrinaxe biométrica para compartir tres días de intenso programa científico e interesantes actividades sociais e culturais. Contaremos coa presenza de recoñecidos profesionais da Estatística para impartir 4 sesións plenarias, 4 sesións invitadas e unha mesa redonda, ademais dun minicurso sobre análise de supervivencia. Tamén contamos coas numerosas contribucións dos participantes, que van presentar, neste Encontro, 57 comunicacións orais e 40 en formato de póster. Coa convocatoria de varios premios poderemos outorgar un recoñecemento científico e unha aportación económica aos mellores destes traballos. Todo isto non sería posible sen a colaboración de diferentes institucións, organismos públicos e empresas, ás que agradecemos a súa contribución. A organización dun congreso supón sempre un desafío, que o comité organizador desde II Encontro GalaicoPortugués de Biometría afrontou con ilusión e moito traballo. Confiamos que os congresistas desfruten do Encontro e dunha cidade que os acolle cos brazos abertos

Details

Database :
OpenAIRE
Journal :
Minerva. Repositorio Institucional de la Universidad de Santiago de Compostela, instname
Accession number :
edsair.dedup.wf.001..817c30fd1086c12126472f348f7de80c