1. A escola que teño, a escola que quero. Un achegamento ás prácticas educativas e ás necesidades nos CRA de Ourense
- Author
-
Raposo Rivas, Manuela, Sierra Martínez, Silvia, Alonso Ferreiro, Almudena, Zabalza Cerdeiriña, Maria Ainoa, García Fuentes, Olalla, and Universidade de Vigo, Vicerreitoría do Campus de Ourense - Campus Auga
- Subjects
5506.07 Historia de la Educación - Abstract
O estudo presentado forma parte dun proxecto financiado nunha convocatoria competitiva froito dunha colaboración entre a Deputación de Ourense e a Universidade de Vigo. O seu obxectivo é coñecer as necesidades educativas dos centros rurais agrupados (CRA) ourensáns orixinadas a partir da súa particular organización, así como estudar as barreiras e as fortalezas do ensino no rural desde a perspectiva dos axentes educativos (alumnado, familias e profesorado). Para darlles voz, a metodoloxía empregada foi de corte cualitativo, co uso de instrumentos e de ferramentas combinadas como as asembleas temáticas, fotovoz, ou debuxo-conversación e as frases incompletas. O tratamento dos datos apoiouse no software ATLAS.ti 22 empregando categorías emerxentes para analizar o contido. Os resultados amosan o mantemento da matrícula e a itinerancia do profesorado como unha das maiores barreiras ás que se enfrontan estas institucións. Pola contra, o medio rural e as relacións de proximidade entre toda a comunidade, que se producen grazas en gran medida ás contornas nas que se sitúan as escolas, preséntanse como as grandes fortalezas. Deste estudo despréndese unha forte necesidade de crer na prosperidade da escola rural como un espazo no que é posible combinar innovación e tradición a prol dunha aprendizaxe válida e de calidade.
- Published
- 2022