1. Espazo lido e espazo representado nas Cantigas de Santa María. Unha nova aproximación
- Author
-
Fidalgo Francisco, Elvira, Chico Picaza, María Victoria, Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS), Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Estudos Medievais, Magán Abollo, Manuel, Fidalgo Francisco, Elvira, Chico Picaza, María Victoria, Universidade de Santiago de Compostela. Escola de Doutoramento Internacional (EDIUS), Universidade de Santiago de Compostela. Programa de Doutoramento en Estudos Medievais, and Magán Abollo, Manuel
- Abstract
Esta tese está dedicada ao estudo da configuración do espazo artístico e literario presente nas Cantigas de Santa María a través dos diversos elementos que o conforman, como a descrición textual, a súa representación pictórica ou a xeografía. O traballo estrutúrase en dúas partes: a compoñente escrita, na que se realizan as análises, e a ferramenta web, www.oslugaresdascantigas.gal, onde se poden encontrar mapas, imaxes e unha base de datos dedicada aos lugares mencionados nas Cantigas de Santa María e ás súas iluminuras. A través dun enfoque inspirado nos estudos derivados do Spatial Turn e que combina estudos de literatura, arte e novas tecnoloxías, pretendemos realizar unha nova achega ás Cantigas de Santa María, para enriquecer o noso coñecemento da obra e proporcionar novas perspectivas e ferramentas de estudo.
- Published
- 2023