1. Integración da responsabilidade ambiental nos estudos de Arquitectura a través das materias de Paisaxe
- Author
-
Rodríguez-Álvarez, Jorge and Rodríguez-Álvarez, Jorge
- Abstract
[Resumo] A premisa fundamental para lograr unha integración efectiva da responsabilidade ambiental no grao de arquitectura parte da idea de ofrecer unha alternativa á visión convencional en urbanismo e arquitectura, que é unha visión dende arriba cara abaixo. O territorio vese fundamentalmente desde a planta ou, no mellor dos casos, dende unha visión aérea, o que xera unha distancia conceptual e física da realidade que se produce a pé do terreo. Como alternativa, propoñemos unha perspectiva a escala humana, e baseada na experiencia e observación dos fenómenos (físicos, sociais, ambientais...) que teñen lugar na área de estudo. Para conseguilo utilízase un marco de aprendizaxe baseado nun proxecto e en tres piares fundamentais, todos eles dirixidos a fomentar a experimentación. Estes piares son: [a] os principios e conceptos teóricos, [b] as ferramentas e metodoloxías aplicables e [c] os casos prácticos nos que se aplicarán eses conceptos e ferramentas. O fío condutor do curso e observación e a experimentación, permitindo unha mellor comprensión de procesos complexos e indicadores ou formulacións abstractas mediante a experiencia directa. Os resultados observados mostran unha mellora na adquisición de competencias e manexos dos conceptos a metodoloxías da disciplina., [Abstract] The foundational hypothesis to achieve an effective integration of environmental consciousness in architectural training starts from the idea of providing an alternative to the conventional vision in urbanism and architecture, which is a top-down approach. The territory is typically observed from above, as in a floor plan or an aerial view, which creates a conceptual and physical distance from the reality that occurs at the ground level. As an alternative, we propose a perspective based on human scale, on experience and observation of ongoing processes (physical, social, environmental...) that take place in the area of study. To achieve this, a learning framework based on a project and three fundamental pillars is implemented, all of which are aimed at encouraging experimentation. These pillars are: [a] the theoretical principles and concepts, [b] the tools and methodologies applicable to the problems to be tackled [c] the practical cases to which these concepts and tools will be applied. This approach strongly encourages observation and experimentation, allowing a better understanding of complex processes and abstract indicators or formulations through direct experience. The observed results show an improvement in the acquisition of skills and the understanding of the key concepts and methodologies of the discipline.
- Published
- 2022