Texto dispoñible en galego e español En Galicia conviven actualmente dúas linguas diferentes co rango de idioma oficial: o castelán, oficial en toda España, e o galego, que adquire o rango de lingua propia da Comunidade Autónoma tras a aprobación do Estatuto de autonomía no ano 1981. Como consecuencia da relativamente recente xeneralización do castelán e da proximidade entrambas as dúas linguas, as estatísticas amosan que o galego mantén unha elevada presenza no conxunto da poboación: case a totalidade da poboación manifesta entender o galego falado e máis dun 60% di falalo de forma habitual en maior medida ca o castelán. Pero cómpre salientar que o galego ten hoxe unha menor presenza nos estratos de poboación urbana, máis nova, educada e de nivel socioeconómico máis elevado, e que a súa utilización é maior no ámbito familiar e máis reducida nas relacións económicas. Neste traballo analízase, en función da «Enquisa de condicións de vida das familias» elaborada polo Instituto Galego de Estatística, o actual perfil socioeconómico dos galegofalantes en función das súas características xeográficas, demográficas e laborais, e como estes factores inflúen na dinámica do cambio lingüístico que vén experimentando a poboación galega En Galicia conviven actualmente dos lenguas diferentes con el rango de idioma oficial: el castellano, oficial en toda España, y el gallego, que adquiere el rango de lengua propia de la Comunidad Autónoma tras la aprobación del Estatuto de autonomía en el año 1981. Como consecuencia de la relativamente reciente generalización del castellano y de la proximidad entre ambas lenguas, las estadísticas muestran que el gallego mantiene una elevada presencia en el conjunto de la población: casi la totalidad de la población manifiesta entender el gallego hablado y más de un 60% dice hablarlo de forma habitual en mayor medida que el castellano. Pero cabe destacar que el gallego tiene hoy una menor presencia en los estratos de población urbana, más joven, educada y de nivel socioeconómico más elevado, y que su utilización es mayor en el ámbito familiar y más reducida en las relaciones económicas. En este trabajo se analiza, en función de la «Encuesta de condiciones de vida de las familias» elaborada por el Instituto Galego de Estatística, el actual perfil socioeconómico de los gallegohablantes en función de sus características geográficas, demográficas y laborales y cómo estos factores influyen en la dinámica del cambio lingüístico que viene experimentando la población gallega In Galicia there are two different official languages: Spanish, official in all Spanish regions, and Galician, which obtained the official status of own language since the region achieved its autonomy in 1981. As a consequence of the more recent expansion of Spanish and given the proximity of both languages, surveys show that Galician is still widespread known popular among the population, almost everybody claims to be able to speak this language and more than 60 per cent claims to use it more than Spanish. However, it is clear that Galician is nowadays less spoken among those persons who are high skilled, young and urban, and at the same time it is mainly used in the familiar framework, rather than in the economic relations. In this paper, based on the information contained in the Households Living Conditions Survey (ECVF), carried out by the Galician Statistical Office (IGE), we aim at describing the pattern of those speaking Galician in terms of their geographical, demographic and labor characteristics, and how these factors are also associated to dynamic change in the languages spoken in Galicia SI