1. Desigualdades ambientais en saúde: contaminación do aire, estado de saúde e grupos vulnerables
- Author
-
Quintans Badillo, Consuelo, Taracido Trunk, Margarita, and Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Enfermaría
- Subjects
Desigualdade ,Contaminación atmosférica ,Problemas ambientais ,Desenvolvemento sustentable ,Xustiza ambiental - Abstract
Traballo Fin de Grao en Enfermaría. Curso 2021-2022 Introdución: manter a equidade en saúde é fundamental para o desenvolvemento sustentable. Obsérvanse desigualdades entre grupos poboacionais a nivel global determinadas polos factores socioeconómicos. Problemas ambientais como a contaminación atmosférica (carcinóxeno de Grupo 1) reforzan estas desigualdades, consideradas inxustas. Cómpre considerar as emisións do transporte, industria, tabaquismo e condicións da vivenda. Obxectivos: realizar unha búsqueda bibliográfica para coñecer os efectos nocivos da contaminación do aire sobre a saúde humana (concretamente o impacto no risco de morbimortalidade de cancro, enfermidades cardiovasculares e patoloxía respiratoria), indagar información sobre a relación entre desigualdades ambientais en saúde e determinantes socioeconómicos e valorar as estratexias para a reducción destas inequidades así como coñecer as competencias do rol enfermeiro. Metodoloxía: recuperouse un total de aproximadamente 99.550 artigos da base de datos PubMed e a través do motor de búsqueda Google Académico. Empregáronse palabras chave, filtros e criterios de inclusión detallados no Anexo I. Resultados: existe unha asociación robusta entre os efectos crónicos e agudos da polución do aire e a morbimortalidade do cancro, CVD e patoloxía respiratoria. A distribución de riscos e recursos presenta un patrón de inequidade, observándose grupos vulnerables en función do seu nivel socioeconómico que se ven máis afectados. As estratexias dirixidas aos coidados e estilos de vida teñen un impacto modesto frente ás intervencións a nivel poboacional, idealmente lideradas pola Enfermaría Clínica e Xestora. Discusión: os resultados sobre a falta de xustiza ambiental son consistentes, a pesar de certas limitacións que dificultan a valoración da exposición individual real e a avaliación dos resultados das intervención de Saúde Pública. Conclusión: a exposición á contaminación do aire é prevenible e intervencións comunitarias sobre este factor de risco xa probaron o seu éxito na reducción de desigualdades ambientais e mellora do estado de saúde. A disparidade en saúde será inevitable se non se contemplan novas estratexias e intervencións lideradas por Enfermaría.
- Published
- 2022