1. Elementos do grupo 14
- Author
-
Martínez Rodríguez, Javier, Universidade de Santiago de Compostela. Departamento de Química Inorgánica, and Universidade de Santiago de Compostela. Facultade de Ciencias
- Subjects
Xermanio ,Química Inorgánica ,Reactividad ,Reactividade ,Plomo ,Germanio ,Silicio ,Haluros ,Oxosales ,Carbono diamante ,Chumbo ,Ionización ,Hidruros ,Estaño branco ,Efecto del par inerte ,Estaño gris ,Oxoanión ,Carbono ,Oxoácidos ,Investigación::23 Química::2303 Química inorgánica::230399 Otras (especificar) [Materias] ,Efecto do par inerte ,Óxidos ,Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos - Abstract
Titulación: Licenciatura en Ciencia e Tecnoloxía dos Alimentos -- Materia: Química Inorgánica A presente unidade didáctica está dedicada aos elementos do grupo 14 da táboa periódica e os seus compostos. Céntrase no carbono e o silicio e nos seus compostos: hidruros, haluros, óxidos, oxoácidos e oxosales. Estes temas abórdanse despois de facer un repaso do que é a estrutura atómica, a táboa periódica e as súas propiedades, e os distintos tipos de enlace químico que axudarán a comprender mellor o comportamento destes elementos e reactividade destes e dos seus compostos. Obxectivos específicos da unidade didáctica VII: Búscase que ao rematar a unidade didáctica o alumno sexa capaz de: - Familiarizarse cos conceptos fundamentais de Química Inorgánica. - Conseguir a formación básica nesta disciplina, que os axude a enfrontarse ao resto das materias da titulación e, posteriormente, no desenvolvemento da súa actividade profesional. - Coñecer como se encontran na natureza os elementos do grupo 14 e dos seus principais compostos, así como a súa obtención e aplicacións. - Comprender o comportamento químico dos elementos do grupo 14, e dos seus compostos inorgánicos máis representativos, relacionando as súas propiedades coa súa estrutura e enlace. Universidade de Santiago de Compostela. Servizo de Normalización Lingüística
- Published
- 2013